viernes, 27 de noviembre de 2015

Falece Neira Vilas

Hoxe deixounos o cruceño máis internacional, o escritor máis coñecido da nosa vila que será sempre recordado polo seu personaxe de Balbino en Memorias dun neno labrego, unha obra imprescindible na historia da literatura galega. As homenaxes na súa honra levanse sucedendo xa durante varios anos nos que os galegos e galegas recoñeceron a importancia capital da escrita deste novelista que é un dos grandes creadores na nosa terra; a partires de hoxe as loubanzas xa non contarán coa súa presencia que sempre nos quedará nas súas obras.

Así recollen a nova algúns xornais:

jueves, 22 de octubre de 2015

El juicio a los humanos

Este é un dos libros que imos empezar a ler.

Que ideas vos xurden vendo o título?
Que esperades que pase?
Cal sería un bo final para este libro?
...
Boa lectura!!

viernes, 9 de octubre de 2015

Inaguración do Club de lectura





Onte tivo lugar na aula Manuel Dobarro a sesión inaugural do Club de lectura para o presente curso 2015-16. 
Lucas, o coordinador, explicou como se ía traballar, horarios, profesorado implicado, a distribución dos grupos e as actividades que se pretenden levar a cabo.
Boas lecturas!!