miércoles, 20 de noviembre de 2013

ELENA PONIATOWSKA, PREMIO CERVANTES



Por cuarta vez nos 38 anos de historia deste galardón, o Cervantes recae nunha muller: a mexicana Elena Poniatowska. Nacida en París hai 81 anos e de pai polaco, destaca polo seu labor como narradora e periodista. Entre os seus títulos, subliñamos obras comoLa noche de Tlatelolco, Nada, nadie: las voces del temblor,Hasta no verte Jesús mío, La piel del cielo ou Leonora.

Este último título témolo na Biblioteca. Atoparalo na sección de Lingua Castelá co seguinte número de rexistro e etiqueta:
5594
N/PON/leo


miércoles, 13 de noviembre de 2013

REUNIÓN DE CLUB DE ADULTOS

Na xornada de hoxe estivemos falando das seguintes obras






Lectura para a próxima reunión que será o 
11/12/13
Boas lecturas.

Juan Mayorga premio Nacional de Literatura Dramática




Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra La lengua en pedazos. Na nosa biblioteca temos un dos seus títulos que atoparás na sección de Lingua Castelá coa seguinte etiqueta:

T/MAY/chi

Se queres ampliar información sobre o autor preme aquí:

viernes, 8 de noviembre de 2013

Semana de Bibliotecas Escolares

Hoxe sorteamos na biblio a triloxía Memorias de Idhún de Laura Gallego entre os participantes no concurso convocado para celebrar a Semana de Bibliotecas Escolares.
A maior participación deuse entre o alumnado de 1º e 2º de ESO e a lectura máis votada foi Con los ojos cerrados de Alfredo Gómez Cerdá.

Parabéns para o afortunado gañador Diego Medela!

jueves, 7 de noviembre de 2013

O MÁXICO ARRECENDO E OUTRAS HISTORIAS


"O máxico arrecendo e outras histórias" (1992), unha historia ambientada na Idade Media de Galicia, é unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e a evolución  de Fran Bueno antes de converterse en profesional.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

ASTÉRIX E OS PICTOS



Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.

lunes, 4 de noviembre de 2013

GUÁRDATE DE LOS IDUS

Gárdate dos Idus é unha novela histórica escrita por Lola Gándara que achega aos alumnos á vida da cidade de Roma mediante unha intrigante trama que se desenvolve nos días posteriores á morte de Xullo César, nos idus de marzo do ano 44 a.C. O que se ofrece a continuación é unha guía de lectura para que os alumnos poidan comentar entre eles na clase os aspectos do libro máis relevantes para o estudo da cultura romana.