lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO



Discreto amigo es un libro:
¡qué a propósito habla
siempre en lo que quiero yo,
siempre en lo que yo no quiero…!

CALDERÓN DE LA BARCA

jueves, 19 de abril de 2012

LA INVENCIÓN DE HUGO CABRET

Orfo, relojero e ladrón, Hugo vive entre os muros dunha atarefada estación parisiense de ferrocarrís. Se quere sobrevivir, ninguén debe saber da súa existencia. Con todo, un día ten un descoido e é descuberto por unha excéntrica moza, amante dos libros e por un vello e amargado fabricante de xoguetes. E xa nada será como antes.

jueves, 12 de abril de 2012

LA PERLA

Este  é o libro que imos ler. Nárrase a historia da perla e como foi atopada por Kino, a súa esposa Xoana e o seu fillo Coyotito sufriron a persecución implacable duns homes, cuxa intención era roubarlles a perla; pero lograron fuxir dos malvados ladróns, que non puideron dar con eles e non conseguiron apoderarse da perla, ao final da novela, Kino decidiu desfacerse da perla lanzándoa ao mar; atravesou as fermosas augas de cor verde e chegou ao fondo.

CLUB LECTURA ADULTOS

Na próxima sesión, que será o 10 de maio, imos a compartir o libro Estupor y temblores.
Esta novela cóntanos a historia de Amèlie, unha moza belga de 22 anos emigrada a Xapón, cando entra a traballar en Tokio para unha das maiores empresas do mundo, Yamamoto. Esta empresa é a quintaesencia da cultura empresarial nipoa, na que o importante non é tanto canta xente tes por baixo, senón cuantos superiores. Nesta estrutura fortemente jerarquizada, un inferior debe presentarse ante o seu xefe con "estupor e tremores", tal como esixía o emperador do Sol Nacente a todos os seus súbditos.

miércoles, 11 de abril de 2012

VISIONADO DE: JANE EYRE

Hoxe vai ter lugar a aula Manuel Dobarro o visionado da Película Jane Eyre, como complemento a lectura do libro. Este drama dirixido por Zeffirelli recibiu no1995 premio David di Donatello ao mellor vestiario.
É unha adaptación da novela de Charlotte Brontë, que conta a historia de Jane Eyre que despois de ser educada nun orfanato é contratada coma institutriz polo Señor Rochester para que se encargue da educación da súa filla.






lunes, 9 de abril de 2012

JANE EYRE




Jane Eyre (1847) de Charlotte Brönte, unha das novelas máis famosas destes dous últimos séculos, adóitase gardar a imaxe ultrarromántica dunha azarosa historia de amor entre unha institutriz pobre e o seu rico e atormentado patrón, no marco truculento e misterioso dunha fantasmagoría gótica E esquécese que, antes e despois da relación central co misterioso, sardónico e violento señor Rochester, a protagonista tivo unha vida: episodios arrepiantes dunha infancia tan maltratada como rebelde, anos de enfermidade e ardua aprendizaxe nun tétrico internado, estacións de penuria e renuncia na máis absoluta desolación física e moral, inesperados golpes de fortuna, mesmo remansos de paz familiar e novas `aínda que enganosas` proposicións de matrimonio Adóitase deixar de lado que, en fin, a novela é todo un libro da vida, unha exhaustiva ilustración da loita entre conciencia e sentimento, entre principios e desexos, entre lexitimidade e carácter, dunha heroína que é a «chama cativa» entre os extremos que forman a súa natureza.