domingo, 15 de enero de 2012

ANIMAIS

O meio natural. A língua. A ánsia de justiça, liberdade, independência. Galiza. O poder da palavra. E um chamamento à açom coletiva, além da resistência. Som os alicerces de Animais, umha obra que se poderia definir como um álbume ilustrado. Um poemário. Umha coletánea de relatos. Com versos como estes:

jueves, 12 de enero de 2012

O NENO DO PIXAMA DE RAIAS

 O  alumnado de primeiro da ESO estamos a ler o best-seller de John Boyne. Ao rematar a lectura veremos a película.

domingo, 8 de enero de 2012

MARINA

Mariña desvélanos o segredo do personaxe Óscar Drai, que tras anos de fuxir da súa gran aventura de moza, decide volver á súa cidade natal Barcelona para contarnos unha historia de amor que nunca deixará de atormentarlle. A historia transcorre nun curto espazo de tempo, para ser máis exactos de finais de setembro de 1979 ata maio de 1980, pero o personaxe non decide contarnos a súa aventura até 15 anos despois, cando se dá conta que non pode fuxir do seu pasado. Óscar Drai é un mozo de 15 anos que vive nun internado, que por casualidade ou polas súas ganas de explorar os arredores, decide penetrarse nun vello caserón de Sarriá abandonado. Alí coñecerá a Mariña e ao seu pai Germán Blau, un pintor viúvo, moi apenado pola morte da súa esposa. Aos poucos o personaxe involúcrase na súa vida e penétrase nunha historia chea de misterio que pode custarlle a vida ou algo máis. Pero en realidade é unha historia de amor, envolvida de misterio e de terror. Logo irán aparecendo outros personaxes que nos introducirán na parte máis misteriosa do argumento.